Nun momento no que aparecen fabricantes de lectores de libros electrónicos por todos os currunchos, aparecen un dispositivo realmente curioso, que non chegará ao mercado ata febreiro de 2010 a un prezo un tanto elevado (490 dólares) pero que podería cambiar o xeito de ver o e-readers, xa que estaría composto por unha pantalla de papel electrónico de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.200 x 825 píxeles e 16 niveis de gris e outra pantalla táctil LCD de 10,1 polgadas e unha resolución de 1.024 x 600 píxeles, que inclúe conectividade 3G (opcional), Wi-Fi e Bluetooth e funciona co sistema operativo Google Android.
O enTourage eDGe conta con 4 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas SD, reproduce música en MP3 e vídeo en MP4 e 3GP, e a súa batería recargable asegúralle unha autonomía de ata 6 horas.
Estamos así ante unha mestura entre lector de e-books e ultraportátil que gozaría de bastante versatilidade, e que ao ler documentos en formato EPUB e PDF permitiría o acceso a un importante número de contidos dispoñibles na Rede.
O enTourage eDGe redefine os dispositivos de lectura de libros electrónicos
Compartir Este Artigo

