Non son poucos os blogueiros que gustan de compoñer as súas publicacións a través da ferramenta de escritorio Windows Live Writer, pois fai doado coñecer a aparencia real do publicado, así como converte en trivial a carga de fotografías e o seu reescalado, pero os usuarios de WordPress poden xa gozar dunha nova prestación a través un engadido, que incorpora á aplicación a posibilidade de administrar os comentarios do blog, de xeito que o uso do panel de control web convértese cada vez en algo menos necesario.
O WordPress Comments Plugin instálase copiando o ficheiro WordPressPlugin.dll no cartafol de plugins do Windows Live Writer, tras o que aparecerá unha ligazón de Comment Management… no panel de tarefas da aplicación.
Windows Live Writer xa pode xestionar comentarios en WordPress
Compartir Este Artigo

