O creador e director xeral do proxecto E-libro, unha das máis salientables bibliotecas en liña para o eido da ensinanza (con máis de 100.000 títulos en inglés en castelán), estará o vindeiro na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela para afondar no presente e no futuro do que a todas luces se prevé como un dos camiños máis sólidos da actividade editorial (a parte da vía tradicional, en papel, que todas e todos coñecemos): a publicación electrónica. Segundo conta a Universidade de Santiago, Eduardo Varela-Cid (escritor e editor arxentino de orixe galega), foi tamén o responsable en 1999 da posta en marcha da editorial virtual El Cid Editor, con sede en Miami.
Asemade, tivo unha salientable traxectoria política como parlamentario en Arxentina e máis no Parlamento Latinoamericano, onde ocupou a vicepresidencia. A tenor polo que conta a Universidade de Santiago, a súa intervención xirará arredor dun dos puntos de meirande discusión acerca deste novo panorama que está por vir: como conciliar o compromiso por un coñecemento libre que se impón co respecto polos dereitos de autor dos escritores, profesores e investigadores que concorran nese escenario?
O director de E-libro estará o vindeiro xoves en Compostela
Compartir Este Artigo

