Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta financiará proxectos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta financiará proxectos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo

Raquel Noya
Publicado: 26/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Camino_de_santiago.jpgA Consellería de Economía e Industria, a través do Diario Oficial de Galicia, vén de publicar unha nova liña de axudas para o financiamento de accións orientadas a produtos ou servizos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010, un proxecto que contará con preto de nove millóns de euros para a súa execución, e que ten como principal obxectivo ofrecer servizos de valor engadido mediante as TIC para os peregrinos e turistas que visiten o noso país.
Con esta iniciativa, o Goberno galego está a acumular esforzos para aproveitar a oportunidade que lle brinda o Xacobeo 2010 á nosa comunidade alén dos eidos estrictamente relixioso e turístico, xa que, é unha ocasión, segundo afirman, “para impulsar o desenvolvemento económico mediante unha aposta pola investigación e a innovación tecnolóxica”.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as empresas de carácter privado que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. As accións que se subvencionen deben utilizar as Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) para incrementar a calidade da oferta turística, das actividades ou dos servizos relacionados co Xacobeo 2010. As bases da convocatoria, que permanecerá aberta ata o vindeiro 21 de novembro, recollen a posibilidade de conceder anticipos de ata o 80% da contía da axuda para as empresas beneficiarias, de maneira que reciban parte da subvención antes de efectuar o gasto, sen necesidade de presentar garantía a favor da Xunta de Galicia.
En concreto, considéranse proxectos subvencionables nesta convocatoria aqueles que poidan dar soporte mediante as TIC a servizos de valor engadido para peregrinos e outras persoas interesadas no Xacobeo 2010, como son dispositivos móbiles, de localización ou xeoreferenciación, redes sociais e web 2.0.
Subvencionaranse tamén desenvolvementos destinados a servizos audiovisuais de promoción ou soporte das actividades do Xacobeo, proxectos que permitan mellorar as tecnoloxías de restauración e estudo de elementos históricos, artísticos e culturais vinculados ao Xacobeo e, en xeral, traballos baseados nas TIC que supoñan un pulo á innovación e mellora da calidade da oferta turística (promoción dixital do sector, mellora das relacións cos clientes, incremento da oferta de servizos e diferenciación, etc).
Os formularios de solicitude das subvencións deberanse obter, cubrir e imprimir a través da aplicación informática Axudas Virtual establecida na web da Xunta e na web da Consellaría de Economía e Industria.
As solicitudes presentaranse preferentemente na Oficina de Rexistro Único e Información de San Caetano (Santiago de Compostela) ou ben por calquera dos outros procedementos establecidos pola lei.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?