Sungworld sorprende coa comercialización en China dun ultraportátil de baixísimo custo, pois estariamos ante un equipo que estaría á venda por 500 iuans (48,71 euros), que contaría cunha pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador VIA VT8500 a 300 MHz, 128 Mb de RAM, 1 GB de memoria de almacenamento (ampliable a 16 Gb mediante tarxetas SD), Wi-Fi, batería de 1.800 mAh e un peso de só 700 gramos. Funcionaría co sistema operativo Windows CE (polo que estamos máis ante unha PDA que dun portátil completo) e pese a que ten unhas prestacións moi reducidas, podería servir para introducirse na web a un nivel básico.
Venden en China un ultraportátil por menos de 50 euros
Compartir Este Artigo

