Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés presenta unha antena para ver a televisión en barcos e caravanas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés presenta unha antena para ver a televisión en barcos e caravanas

Raquel Noya
Publicado: 28/10/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Antena_televes.jpgOs enxeñeiros da empresa galega Televés, a fin de dar cunha solución para os problemas de recepción do sinal de televisión que se viñan sofrindo ata o de agora en vehículos en movemento, estiveron traballando a reo nunha nova antena que fora quen de garantir unha recepción estable do sinal de TDT e o resultado foi a nova Omninova, unha ferramenta compacta, versátil e fiable, fabricada con materiais de alta resistencia á intemperie que soluciona estes problemas de interferencias e mal sinal.
A Omninova é, segundo afirman os seus creadores, “a solución ideal” para ver a televisión en barcos, caravanas e, en xeral, todo tipo de vehículos, sen que o movemento, os xiros ou o balanceo deterioren a calidade da recepción.
Trátase dunha antena omnidireccional equipada con tres amplificadores, un para cada banda (FM, BI-BIII e UHF), que evita interferencias e minimiza os efectos de modulación cruzada.
Asemade, está dotada de filtros rexeitadores dos sinais alleos ó sinal de TV e, en especial das bandas de telecomunicacións marinas.
A Omninova dispón tamén de salidas independentes para radio e televisión, e está protexida fronte a descargas estáticas.
Debido ás duras condicións que unha antena destas características debe afrontar, a antena está fabricada con materiais de alta resistencia á salitre, á humidade e á intemperie en xeral, e ademais está encerrada nunha carcasa totalmente opaca.
O último produto de Televés fabrícase nas propias instalacións da empresa e leva o selo European Technology Made in Europe, como garantía de fiabilidade e vangarda tecnolóxica, unha característica que distingue aos produtos da compañía e que é froito da súa experiencia de máis de 50 anos, da súa capacidade industrial e da súa forte aposta pola I+D+i.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?