Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Curtas na Rede bate o seu propio récord de pezas inscritas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Curtas na Rede bate o seu propio récord de pezas inscritas

Raquel Noya
Publicado: 28/10/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Curtas_na_rede-2.jpgO certame Curtas na Rede, que onte lle puxo o broche final á súa IV edición cun gran éxito de participación, vén de anunciar que as preto de 250 pezas presentadas este ano permitíronlle bater o seu propio récord de inscrición ao concurso, xa que se trata dunha cifra que triplica o número de pezas inscritas en cada unha das edicións anteriores.
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presidiu onte a gala de entrega de premios desta cuarta edición á que se presentaron obras de autores galegos e, tamén, proxectos audiovisuais procedentes de países como Portugal, Arxentina, México, Chile ou Australia, que deleitaron aos asistentes coa súa orixinalidade.
O concurso, que repartiu este ano máis de 30.000 euros, non deixou de lado os seus obxectivos orixinais, polo que, ao igual que en anteriores edicións, o evento servíu de escaparate para a creación audiovisual fora da industria e a promoción da actividade dos creadores galegos. Asemade, este certame que persegue a consolidación de Internet como un espazo útil para a exposición visual dos traballos, foi quen de crear un punto de enconto e de interactividade para tódolos usuarios, que atopan en Curtas na Rede un dos mellores espazos posibles para desenvolver a súa creatividade á hora de crear contidos audiovisuais.
O secretario Xeral de Política Lingüística foi o encargado de entregar o premio á mellor curtametraxe en galego, a sección estrela do certame, a Xabier Marqués Solla por Freud&Company. O premio á mellor curtametraxe en castelán recaeu en Pedro Moreno por Señales.
O primeiro premio das curtas de ficción, xénero onde se concentraron a maioría das curtas, case 90, foi para Andrés Goteira por O Paquete, e no xénero documental, o primeiro premio foi para Marcos Nine por Aarón.
Experimental, os gañadores foron Juan Lesta e Belén Moreno por ANIM 01 e finalmente, na categoría de animación, a gañadora foi a galega María Becerra coa curta Lelo e as estacións.
Completan o concurso dúas categorías máis, a de Micromovies e a de Cápsulas. Dentro das cápsulas (pezas curtas cunha duración non superior aos tres minutos), a premiada foi Jeriatric Park de Rafael Navarro; e na micromovie (traballos realizados coa cámara do teléfono móbil que non poden exceder os 30 segundos de duración), GPS de Marcos Fernández Vázquez.
Iria Pinheiro (Freud & Co) e Xabier Pan (Raccord do carallo), recibiron o premio á mellor interpretación feminina e masculina, respectivamente, e o premio para a mellor bitácora, outra das modalidades do concurso, foi para Toño Bouza por Disparo de Nieve, mentres que o de mellor guión recaeu en Flavio Pires por Naufragio; o galardón á mellor montaxe foi para a curta Agua do Galder Arriaga e mellor dirección para Toño Chouza por Ausencia de Cambio.
Finalmente, os premios outogardos polo público a través das votacións na páxina web do certame foron para a curta Amor rabiscos e outras coisas e a cápsula Beach Baby, ambas do portugués Hugo Ricardo Sousa Ferreira; e, na categoría de micromovie, Game Over, de Adán Pichardo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?