Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede de Dinamización presenta o novo programa de actividades para novembro en varios dos seus Centros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede de Dinamización presenta o novo programa de actividades para novembro en varios dos seus Centros

Raquel Noya
Publicado: 29/10/2009
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

Rede_de_telecentros_novembro.jpgA Rede de Dinamización da Sociedade da Información, na súa teima por levar as vantaxes das TIC a cada recuncho do país e rachar dunha vez por todas coa fenda dixital existente nalgúns sectores da nosa poboación, vén de anunciar máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías da cidadanía galega, que terán lugar no mes de novembro nos Centros de Sada, Moaña e Betanzos.
En Sada, concretamente, os obradoiros que se van desenvolver e as suas datas son os seguintes: – Iniciación ao correo electrónico: con esta actividade preténdese que as persoas usuarias ao finalizala, sexan quen de crear e xestionar a súa propia conta de correo electrónico. Terá lugar do 2 ao 5 de novembro en dúas quendas: de 9 a 11 horas a de mañá e de 18:30 a 20:30 horas a de tarde. – Iniciación á Informática: esta actividade tenta que as persoas usuarias sexan capaces de manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas …) e funcionalidades básicas que ofrece un computador, neste caso usando un sistema operativo baseado en Software Libre. Desenvolverase do 9 ao 13 de novembro en dúas quendas, de 9 a 11 horas a primeira e de 18:30 a 20:30 horas a segunda. – Procesador de textos: Writer: esta actividade pretende que o/a usuario/a ao finalizala sexa quen de crear e modificar un documento de texto empregando o OpenOffice Writer. Terá lugar entre o 16 e o 20 de novembro, de luns a venres, de 9 a 11 horas. – Creación de presentacións: Impress: as persoas participantes ao finalizar este obradoiro serán quen de empregar OpenOffice Impress para crear unha presentación. Terá lugar do 16 ao 20 de novembro, de luns a venres, de 18:30 a 20:30 horas. – Iniciación a Internet: este obradoiro pretende que os usuarios e as usuarias sexan quen de utilizar, de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa Rede. Haberá dúas quendas; a de mañá, do 23 ao 26 de novembro, de 9 a 11 horas e a de tarde, os días 23, 25, 26 e 27 de novembro, de 18:30 a 20:30 horas.
Asemade, está prevista a realización da charla Seguridade en Internet o 24 de novembro, ás 19 horas. Estará impartida por dous formadores da Garda Civil, especializados no tema e será de entrada libre ata completar aforo.
Por outra banda, o Centro de Dinamización de Moaña vén de anunciar que mañá venres, 30 de outubro, ás 12:00 horas, vai acoller unha charla sobre os aspectos máis destacables da banca en liña.
As persoas asistentes coñecerán de primeira man as vantaxes que nos ofrece Internet á hora de facer operacións bancarias, consultar os produtos contratados como contas correntes, depósitos, plans de pensións, os movementos realizados en ditos servizos, intereses, etc, así como as transferencias, xa sexan entre contas do mesmo titular ou deste a outras contas. Tamén se informará das medidas de seguridade que se deben adoptar á hora de empregar a banca en liña. As persoas interesadas en asistir a este relatorio tan só terán que dirixirse ao Centro de Dinamización de Moaña, situado na rúa Donato Bernández Sotelo, nº6, local G.
Por último, o Centro de Dinamización do Concello de Betanzos, vén de anunciar os obradoiros que vai desenvolver en novembro e que van dirixidos a aquelas persoas interesadas en iniciarse na informática e incorporar as novas tecnoloxías paseniñamente ao seu día a día.
Os obradoiros son os que seguen: – Mecanografía para nenos e nenas: os días 2, 3, 4 e 5 de novembro de 19:00 a 20:15 horas. – Mecanografía: este obradoiro, que vai dirixido a tódalas persoas sen límite de idade, desenvolverase tamén os días 2, 3, 4 e 5 de novembro, en horario de 16:30 a 18:30. – Iniciación á informática: os días 2, 3, 4 e 5 de novembro a partir das 10:30 e ata as 12:30. – Recursos de interese na Internet: este obradoiro ten como finalidade dar a coñecer unha serie de páxinas web de grande interese para tódolos usuarios das novas tecnoloxías e Internet en xeral. Terá lugar os días 10, 11 e 12 de novembro de 10:30 a 20 horas. – Iniciación ao procesador de textos Writer: os días 16, 17, 18 e 19 de novembro a partir das 10:30. – Obradoiro de creación de blogs: os días 23, 24, 25 e 26 de novembro de 18:30 a 20:30 horas.
Asemade, este Centro, levará a cabo unha serie de charlas para presentar a iniciativa Memoria de Muller, que se levarán a cabo os días 16 e 17 de novembro a partires das 17 horas no devandito Centro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?