Tras a eliminación de distintas canles de televisión e radio da súa oferta, Digital+ anuncia que amplía a súa oferta de contidos en alta definición, de xeito que a Canal+ HD, Canal+ Liga HD, Canal+ DCine HD, Canal+ Deportes HD e Taquilla HD súmanse 4 novas canles: Eurosport HD, Fox HD, National Geographic HD e Canal+ Acción HD.
Digital+ convértese así na plataforma con máis contidos en alta definición de España, superando a operadores de cable e ADSL, aínda que para poder gozar desta oferta é preciso contar cun terminal iPlus, que aparte de permitir a gravación (no seu disco duro de 160 Gb) e a pausa en directo, é o dispositivo que abre a alta definición aos clientes da plataforma satelital de Sogecable, que ten unha grande eiva para a súa popularización: custa 295 euros (aínda que é posible financialo en 12 mensualidades).
As novas canles en alta definición de Digital+ parecen bastante atractivas, posto que Eurosport HD permitirá o seguimento en alta definición de numerosos eventos deportivos en 2010 (os Xogos Olímpicos de inverno, o Grand Slam de tenis e o Tour de Francia), Canal+ Acción HD achegará películas coma Wanted, 300, La Jungla 4.0 ou Tomb Raider, Fox HD mellorará a calidade coa que poden verse series coma House, Mujeres Desesperadas, Bones, Perdidos ou Anatomía de Grey, e National Geographic HD achegará con grande detalle os seus contidos sobre exploración, divulgación e investigación.
Digital+ incorpora á súa grella 4 novas canles en alta definición
Compartir Este Artigo
