Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á sétima edición do encontro GaliciaTIC, á Semana da Ciencia e á Noite da Enxeñaría en Informática. Entrevistamos a Salvador Soriano, secretario xeral de Servizos da Sociedade da Información do Goberno de España.
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes: – Telefónica presenta o seu informe sobre a Sociedade da Información – A USC e Red.es promoven a creación dun centro de profesionais do deseño dixital – Empresarios e parques empresariais galegos proban un sistema de comunicación baseado na videoconferencia – Endesa pon en marcha unha web para axudarnos a gastar menos en enerxía – Preséntase a nova campaña do Xacobeo, incluídos os seus recursos virtuais – Economía dá a coñecer axudas para dinamizar tecnoloxicamente o Xacobeo – A galega Signo presenta a súa proposta innovadora para facer máis doado o Camiño – Nova convocatoria dos Premios EGANET
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
