Google Maps Navigation correndo nun HTC G1O anuncio da versión de proba de Google Maps Navigation para o sistema operativo Android 2.0, actualmente só dispoñible para o novo Motorola DROID, frustrou a moitos usuarios de dispositivos con Android, polo que puxeron mans no asunto para arranxalo, e así conseguiron modificar a aplicación de navegación GPS de Google para que correse nun terminal HTC G1 (comercializado en España coma HTC Dream) modificado, conseguindo que funcionase axeitadamente. En vista deste traballo, non parecería sorprendente que esta nova aplicación de Google chegase oficialmente para todos os terminais de Android, e as limitacións na súa beta poderían vir unicamente para realizar as probas do seu funcionamento dun xeito máis limitado.