
O Google Location History permitiría que os usuarios que utilicen Latitude poidan revisar os puntos polos que o usuario desprazouse utilizando o ser terminal móbil con GPS, o que permitiría así rexistrar rutas para poder logo repasalas en Google Maps ou en Google Earth, e esta información tan sensible só estará dispoñible para os propios usuarios (e non para os seus amigos).
Pola contra, Google Location Alerts é un novo servizo en probas que resulta moi interesante polo seu valor socializador, xa que avisará cando un usuario estea preto dos seus amigos (se todos fan uso de Latitude). Esta funcionalidade, en combinación coa anterior, poderá gozar de certa intelixencia, de xeito que non recibiremos alertas ao cruzarnos con compañeiros de traballo en horario de oficina ou coa familia na casa, de xeito que só advertiría cando estreamos preto dalgún amigo en lugares pouco habituais, o que podería animarnos contactar cos mesmos.
Google Latitude incorproa histórico e alertas
Compartir Este Artigo
