Imaxe do Readius de Polymer VisionHai un par de anos falábase do lanzamento do Readius de Polymer Vision, un dispositivo baseado en papel electrónico flexible, que permitiría pregar unha pantalla para reducir o seu espazo nun dispositivo altamente portátil que puidese servir para ler novas, textos, SMS ou o correo electrónico, pero que por problemas económicos nunca veu a luz, pero agora aparece o fabricante Wistron asegurando que preparan un trebello semellante, cunha pantalla de entre 5 e 6 polgadas que empregaría a tecnoloxía desenvolvida anteriormente por Polymer Vision. Polo momento anuncian que replicarán a tecnoloxía da pantalla enrolable, pero queda por ver se tamén buscarán que o dispositivo teña conectividade móbil coma o Readius ou se simplemente quedará o invento nun novo lector de e-books.