Dende Mediapro continúan a esforzarse para mellorar a penetración da TDT de pagamento nos fogares españois e a súa última medida promocional consiste en regalar aos subscritores do diario Público o receptor Engel PRO RT7000 cun mes de balde a Gol Televisión.
Con esta promoción os lectores poden adquirir por 181 euros a subscrición anual ao xornal (aos que habería que engadir 79 euros de querer recibir tamén as coleccións que acompañan o xornal) recibirán no seu fogar un receptor Engel de TDT, aínda que polo mesmo prezo tamén permiten adquirir un módulo CAM para a TDT de pagamento, o que poderiamos considerar unha excelente oferta se non fose porque, aparte do mes inicial de balde, os consumidores deberían pagar as cotas de abono de Gol Televisión (uns 15 euros/mes) se quixeran sacar algún partido ao seu receptor para a TDT Premium.
Público regala un recetor para a TDT de pago aos seus subscritores
Compartir Este Artigo
