Un dos máximos responsables de Kaspersky Lab, Gun Suk Ling, asegura que «dende 2005 hai un notable incremento do número de vulnerabilidades en Mac OS que poden utilizarse para dirixir un ataque a través da Internet» de aí que a súa compañía decidise lanzar o Kaspersky Anti-Virus para Mac, que debería protexer o sistema operativo de Apple fronte a virus, vermes e troianos, pese a que a meirande parte dos usuarios desta plataforma consideren que este tipo de medidas de seguridade son innecesarias.
Esta nova solución de anti-virus analiza ficheiros, descargas da Internet e adxuntos por correo electrónico en tempo real, consume só o 1% da CPU dun Mac, ten unha aparencia coherente co sistema operativo no que se executa, conta con actualizacións frecuentes e, principalmente, evita a distribución de ameazas informáticas (incluso non Mac) a amigos e compañeiros de traballo.
Karpersky estrea anti-virus para Mac
Compartir Este Artigo

