
O nivel dos traballos foi «moi alto en todos os proxectos», segundo declaracións de Enrique Barreiro, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense, quen destacou que «a competencia entre o primeiro premio e o segundo foi moi rifada».
Sabela Ramos Garea, fíxose cun premio dotado con 1.000 euros polo seu proxecto de fin de carreira de Enxeñaría Informática na UDC titulado Optimización das comunicacións colectivas en paso de mensaxes en Java en sistema multicore que ingregrou no proxecto MPJ Express, un dos máis empregados en Computación de Altas Prestacións en Java.
Carlos Alberto López Pérez, pola súa banda, recibiu un accésit dotado con 500 euros polo seu proxecto de fin de carreira da Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas da UDC titulado UGABI: Ubalda Gestión de Ancho de Banda Inalámbrico, un proxecto desenvolvido cunha bolsa FEUGA na empresa Ubalda Ingeniería S.L. consistente nun completo sistema para facer puntos de acceso Wi-Fi en lugares públicos, limitando o largo de banda de subida e baixada.
Entregan o III Premio ao mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre
Compartir Este Artigo
