Os usuarios de terminais con Windows Mobile poden agora instalar o novo Opera Mobile 10 beta, navegador web realmente interesante para terminais con ou sen pantalla táctil, que pode descargarse de balde de m.opera.com/mobile dende o propio smartphone.
Entre as prestacións deste navegador estarían as pestanas, o marcador rápido de páxinas web, a tecnoloxía de aceleración de carga Opera Turbo, adaptación aos estándares, auto-completado de enderezos e navegación sen conexión, achegándose cada vez máis ao que é un navegador de escritorio, coma podemos ver no seguinte vídeo:
O Opera Mobile 10 beta chega a Windows Mobile
Compartir Este Artigo

