Microsoft lanzou estes días unha versión de proba do Office 2010, que está dispoñible para o público de xeito xeral, en versións de 32 e 64 bits e incluso en español, de xeito que podemos achegaron á aplicación, comprobando incluso o bo funcionamento do seu corrector de galego integrado (algo que non era posible na anterior beta, en inglés).
O Microsoft Office 2010 conserva unha interface de usuario moi semellante ao Office 2007, pero con pequenos cambios que buscan, entre outras cousas, a súa optimización para Windows 7, ou incluso para aproveitar o espazo en pantalla en equipos portátiles.
Para instalar esta nova versión de proba recoméndase desinstalar versións anteriores do Office e utilizala nun equipo secundario (lembremos que estamos ante unha beta). Entre os seus requisitos mínimos estaría un equipo cun procesador a máis de 500 MHz e con máis de 256 Mbytes de memoria de sistema e máis de 1,5 Gb de disco libre, así coma un monitor cunha resolución mínima de 1.024 x 768 píxeles, que funcione con Windows XP SP3, Windows Server 2003 R2, Windows Vista SP1 ou Windows 7.

Dispoñible a versión de proba do Microsoft Office 2010
Compartir Este Artigo

