A semana pasada a chegada de Twitter e Facebook supuxo toda unha revolución que confirman dende Microsoft, pois o voceiro da compañía, David Dennis, asegurou que coma mínimo 2 millóns de usuarios de Xbox LIVE conectáronse a Facebook, mentres que nas primeiras 24 horas nas que Last.fm comezou a estar dispoñible para as Xbox 360 estadounidenses rexistráronse medio millóns de novas contas en tal servizo de reprodución musical. Dado que sobre Twitter non deron datos, é de agardar que a súa magnitude sexa moito máis discreta (algo comprensible, pois tal aplicación é moi limitada, especialmente en contraste coa de Facebook).
Que 2 dos 20 millóns de usuarios de Xbox LIVE probasen o uso de plataformas de redes sociais dende a súa consola de videoxogos en menos dunha semana supón todo un éxito desta nova prestación da Xbox 360, que parece estar a contribuír seriamente a interacción entre os usuarios da consolas de Microsoft.
2 millóns de usuarios xa probaron a acceder a Facebook dende a Xbox 360
Compartir Este Artigo
