O WikiReader é un trebello que comercializan nos EE.UU. dende hai pouco máis dun mes e que vén a ser un dicionario electrónico ao que cargaron os contidos da Wikipedia, e agora TuxBrain achégao ao mercado español adaptando os contidos da Wikipedia en español para que estean dispoñibles na tarxeta microSD que serve de almacenamento de datos para o dispositivo, e que venden de xeito independente por 19 euros (ou por 15 euros adicionais xunto á compra do WikiReader por 125 euros).
Dende TuxBrain están a preparar solucións semellantes para o resto de linguas oficiais do Estado, aínda que non parece que un trebello dirixido a un uso tan concreto vaia ser ben recibido no mercado, pois resulta extraordinariamente caro só para permitir a consulta fóra de liña da Wikipedia, o que tamén é posible facer desde dispositivos coma o iPhone ou o iPod Touch a través de aplicacións, servindo estes terminais para a reprodución multimedia, os videoxogos, acceder á web, enviar correo electrónico, consultar mapas de Google e moitos outros servizos.

Adaptan ao español o WikiReader
Compartir Este Artigo
