O grupo PRISA chegou xa a un acordo con Telefónica para a venda dun 21% do seu negocio de televisión de pago desenvolvido a través da plataforma Digital+ nunha operación valorada en 470 millóns de euros, dos que 230 cubriranse coa débeda que PRISA aínda tiña coa operadora de telefonía pola compra de Vía Digital. Deste xeito, Telefónica volve a Digital+ cunha participación maior á anterior, pagando actualmente polas accións menos do prezo de venda das mesmas hai ano e medio.
PRISA fixérase coas participacións de Digital+ por parte doutras compañías para facilitar a súa venda, pero ao frustrarse tal operación ten agora que deixar entrar a outras empresas no seu accionariado, en boa medida pola importante débeda que ten o grupo (preto de 5.000 millóns de euros).
Telefónica merca o 21% de Digital+
Compartir Este Artigo
