
Agora a Universal anuncia que vai repetir a operación, e vai lanzar a coñecida triloxía de Bourne en discos de dobre cara Blu-ray/DVD, que sairán ao mercado norteamericano o 19 de xaneiro. Non estamos ante un caso illado, e a compañía pretendería comercializar inicialmente 59 discos Blu-ray/DVD de dobre cara e dobre capa por cada unha (de xeito que terían unha capacidade de 50 e 9 Gb por cara).
Este tipo de lanzamentos buscan animar aos consumidores a adquirir as súas novas películas en alta definición, aínda que como atranco ten un incremento de custos que pode ser unha eiva para a súa xeneralización, así coma o feito de que os discos de dobre cara son sumamente incómodos.
Universal anuncia o lanzamento de películas en discos híbridos Blu-ray/DVD
Compartir Este Artigo
