Segundo indica un informe elaborado polos portais especializados Movilzona e ADSLzone, que recolle a velocidade media que ofrecen as catro primerias operadoras de telefonía móbil co obxectivo de coñecer o estado deste servizo en España, Galicia, xunto co País Basco e Madrid, son as comunidades que ofrecen as maiores velocidades reais de banda ancha móbil.
En concreto, o País Basco dispón da meirande velocidade de baixada, grazas a Vodafone, que ofrece 2.114 Kilobits por segundo (kbps), e Telefónica e Orange, que ofrecen 1.853 e 1.283 Kbps, respectivamente.
A operadora que máis velocidade ofrece en Madrid é tamén Vodafone, con 1.831 Kilobits por segundo (kbps), seguido de Telefónica e de Orange, cunha velocidade de baixadas de 1.692 Kpbs e de 1.274 Kbps, espectivamente.

En xeral, Vodafone é a compañía que ofrece maior velocidade de baixada en todo o territorio nacional, con 1,6 megas por segundo, seguido por Movistar, con 1,5 megas por segundo e por Orange, con 1,1 megas por segundo. A operadora de telefonía que nos seus inicios se autodenominaba “de baixo custe”, Yoigo, non chega ao mega de baixada, e queda en tan só 839 kbps.
No tocante á velocidade de subida, Telefónica é a que encabeza esta listaxe de operadoras, cunha velocidade de 324 Kbps, seguida de Vodafone, con 291 Kbps, de Orange, con 218 Mbps, e por Yoigo, con apenas 157 Kbps.
Entre as conclusións que Movilzona extrae do estudo destaca que “a velocidade de baixada actual xa permite a descarga de contidos multimedia con boa calidade” e que “a velocidade de subida da banda ancha móbil en España permite un uso axeitado da web 2.0, das redes sociais, e da videoconferencia, entre outros servizos en liña”.
Galicia, entre as Comunidades con maior velocidade real de banda ancha móbil
Compartir Este Artigo

