Twitter 360 é unha nova aplicación para o iPhone 3GS que aproveita o receptor GPS e o compás do dispositivo para converter as anotacións en Twitter dos nosos amigos en etiquetas amosadas mediante realidade aumentada (ou sexa, sobre as imaxes que capte a cámara do móbil en tempo real) en caso de que xeoposicionen as súas anotacións.
A aplicación está á venda a través de iTunes por 0,79 euros, e o seu funcionamento pode verse no seguinte vídeo:
Unha aplicación para o iPhone 3GS leva Twitter á realidade aumentada
Compartir Este Artigo
