TV3 xa leva un tempo facendo probas coas emisións en alta definiciónA televisión autonómica catalá, TV3, continúa na cabeza da innovación, e tras levar un tempo considerable realizando probas coa alta definición a través do MUX 43 da UHF, agora anuncian que en 2010 realizarán emisións estereoscópicas, entre as que inicialmente estará a obra teatral Llits, que estrearase a mediados de decembro no Teatre Nacional de Catalunya, eu que gravarase en 3D para que os espectadores poidan vela posteriormente no seu fogar empregando lentes de sistema anaglífico (de 2 cores) de xeito que non precisará de televisores especiais (aínda que as gravacións poderían adaptarse a tecnoloxías máis sofisticadas). Esta solución sería bastante económica, e permitiría aos cidadáns cataláns facer un achegamento ao vídeo en 3D, que polo momento parece limitado a certas salas de cine e incluso a sistemas de videoxogos sofisticados.