Durante a xornada de onte o Concello da Estrada tivo a ben advertir aos seus cidadáns sobre a inminencia do apagamento analóxico, instándoos a adaptarse á Televisión Dixital Terrestre, posto que a partires do 18 de xaneiro cesarán as emisións analóxicas na vila, de xeito que quen non teña un receptor de TDT ou un televisor que incorpore tal tecnoloxía non poderá recibir a programación televisiva tras a mencionada data.
Dende o Concello aseguran que a cobertura da TDT no seu territorio é actualmente do 91,6%, pero advirten de que «as chamadas zonas de sombra contarán coa posibilidade de recibir cobertura televisiva vía satélite».
A Estrada prepárase para o apagamento analóxico
Compartir Este Artigo
