Dende A Nosa Terra advirten que cando procuramos pola páxina web Comarcas de galicia.com en Google, atopamos unha advertencia na que advirte da posibilidade de que a páxina web conteña código malicioso, pois segundo parece, a páxina foi infectada no pasado por algún tipo de código que actualmente parece ausente, pero que fixo que o espazo web entrase nunha listaxe negra xestionada por StopBadware.org.
Dende a Administración galega aseguran que o problema presentado veu herdado, e precisamente nos últimos meses están a traballar na reestruturación de recursos na Internet, eliminándose varios portais e procurando unha centralización dos mesmos.
Google advirte de que Comarcasdegalicia.com podería ser unha web perigosa
Compartir Este Artigo
