Walter S. Mossberg sorprende na súa columna semanal analizando un dispositivo para uso médico, que sería o Contour USB de Bayer, un medidor do nivel de glicosa en sangue pensado para diabéticos, de xeito que pode conectarse a un ordenador (PC ou Mac) para consultar o histórico de datos rexistrados, o que resulta de utilidade para controlar a medicación, a dieta ou o exercicio físico.
O dispositivo sairá á venda a primeiros de 2010 a 75 dólares (52,20 euros) nos EE.UU., aínda que tamén vai comercializarse en Europa, e de cara ao usuario funciona coma unha mestura dun medidor de glicosa tradicional (cunha lanceta coa que toma as mostras e unha pantalla na que amosa os resultados) e unha memoria USB (onde almacénanse tanto os resultados rexistrados como a aplicación Glucofasts Deluxe, que permite a consulta doada dos datos almacenados).
O feito de que o dispositivo combine software e hardware resulta bastante práctico, aínda que no futuro podería ir un paso máis adiante, permitindo funcións en liña, de xeito que un doutor tería doado consultar os datos dun paciente a través da web.
Bayer comercializará un medidor de glicosa con USB
Compartir Este Artigo

