Nun momento no que os lectores electrónicos están a desembarcar con forza no mercado e os rumores apuntan a que varios fabricantes van lanzar os seus propios ordenadores tipo Tablet en 2010, chega un deseño conceptual desenvolvido por Bonnier R&D que pretende ilustrar sobre cómo sería a experiencia de lectura de revistas en novos soportes dixitais, de xeito que capturen a esencia da lectura dunha revista, enriquecendo a experiencia de lectura á vez que respecta moitas das características de deseño e formato das revistas tradicionais.
Está claro que o dispositivo non está baseado nun hardware en concreto, polo que non chegará ao mercado a curto prazo, senón que o Mag+ pretende amosar cómo serán as revistas electrónicas no futuro, no que parece unha clara inspiración no iPhone, e no que botamos en falta a presenza da publicidade.
Aínda que tecnoloxicamente este tipo de desenvolvementos son viables hoxe en día, a súa atractiva interface resulta impactante, coma podemos ver no seguinte vídeo:
Mag+, un novo concepto para as revistas do futuro
Compartir Este Artigo
