O pasado venres o Consello da Cultura Galega presentou a súa primeira incursión na realidade aumentada, tecnoloxía emerxente que vincula a realidade física a capas de datos almacenadas na Internet, nunha experiencia conxunta coa empresa especializada en servizos de xeolocalización Sixtema, no que dáse en chamar Mapa Cultural Galego, e que consiste nunha capa de datos para a aplicación Layar (dispoñible para terminais móbiles baseados en Android e para o iPhone) que permite aos usuarios de terminais que combinen cámara, GPS e compás para representar sobre a realidade datos de 5.000 equipamentos culturais xeorreferenciados en toda Galicia.
Deste xeito, dende a pantalla do móbil podemos ver sobre a imaxe que temos diante información sobre museos, galerías de arte ou centros sociais, entre outros, achegando numerosos datos técnicos sobre os mesmos coma o seu teléfono ou enderezo web, coma podemos ver no seguinte vídeo demostrativo:
Á presentación deste nova capa de datos para Layar asistiron Xosé López, vicepresidente do Consello da Cultura Galega; Hakan Casares, coordinador do Observatorio da Cultura Galega; Alejandro Lamas, de Sixtema e Manuel Gago, director do portal Culturagalega.org, en representación dos distintos axentes que colaboraron en levar á realidade esta interesante iniciativa que ilustra axeitadamente as posibilidades tecnolóxicas que abren os novos dispositivos que cada día son dun uso máis común.
Presentan un Mapa Cultural Galego baseado en realidade aumentada
Compartir Este Artigo
