Agora que falta menos para o remate do 2009, un ano cheo de novidades tecnolóxicas que difundimos a través deste espazo dixital, queremos desexar a todos os que nos seguen con fidelidade un Bo Nadal. Agardamos que Papá Noel achegue este ano multitude de agasallos tecnolóxicos, e que a convivencia familiar destas datas compense a falta de fortuna na Lotería de Nadal.
O vindeiro luns retomaremos a nosa actividade ordinaria, cumprindo co noso labor informativo para que as novas tecnolóxicas de Galicia e en galego cheguen ós nosos lectores puntualmente. ¡Felices Festas!
Bo Nadal a todos os nosos lectores
Compartir Este Artigo
