Que usuaria ou usuario de Windows non tivo algunha vez problemas co sistema propio para eliminar programas que non seu usan ou que foron descargados sen permiso ou por outras persoas? De feito, os atrancos que en ocasións puñan no camiño estes procesos eran tantos e tan variados que case chamaba a atención que ninguén aparecese na Rede con algún tipo de solución definitiva. Pois ben, segundo nos poderían contar (no caso de preguntarlles) os creadores de Absolute Uninstaller, rematou a idade de ouro para o xefe de oficina afeito a instalar en canto ordenador atopaba diante os programas que máis lle pracían e coa seguridade que nin o máis geek ía poder desintegralos. O dito Absolute, de feito, non é outra cousa que unha alternativa mellorada do módulo Agregar ou quitar programas que os usuarios de Windows poden atopar no seu Panel de Control.
Como punto forte, ten a capacidade de chegar ata onde este non chega e de arrincar o que se lle resistía con unllas e dentes: dende a raizame do programa mesmo que se queira suprimir ata diferentes ficheiros ligados en diversos estratos do disco duro. O Absolute, segundo se conta, elimina tódolos ficheiros xa obsoletos, mellora e pule as entradas do rexistro de Windows que non sexan precisas e borra tódalas ligazóns directas que puidese deixar a aplicación suprimida. A súa finalidade é que non fique sinal algún do programa que se procedese a eliminar, por moi apegadizo que este sexa.
Dispoñible unha ferramenta para desinstalar os programas que o Windows suprima a medias
Compartir Este Artigo

