Pese a que durante o último ano desapareceron moitas páxinas web dedicadas ao intercambio de ficheiros a través de BitTorrent, non parece que o número de usuarios descendese, se atendemos aos datos que amosan dende µTorrent, o software cliente máis popular para tal rede P2P, que case dobrou a súa base de usuarios ata chegar a 52 millóns de usuarios únicos ao mes.
Segundo parece, o tráfico P2P a nivel mundial continúa a medrar, pero as estatísticas publicadas nos últimos meses podían levar a engano pois o que reflectían realmente era unha caída na porcentaxe de tráfico que supón o P2P, ou sexa, que o tráfico ocasionado por servizos coma YouTube ou Spotify está a medrar máis rápido que o das redes P2P, o que non significa que o tráfico do intercambio de ficheiros diminúa.
µTorrent chega aos 52 millóns de usuarios
Compartir Este Artigo
