
Este ano puidemos ler cousas como que Apple podería lanzar unha versión de Mac OS X para PC (algo que dende Apple desmentiron varias veces no pasado) e que tería por nome PC OS X, o peche de Spotify, a fichaxe de Richard Stallman por parte de Microsoft, dende o blog No Puedo Creer anuncian a creación dun filtro que obriga a escribir con faltas coñecidas comunmente coma HOYGAN, WordPress 3.0 precisará para funcionar o Internet Information Server de Microsoft, venden condesadores de fluzo (coma o da película Regreso al futuro), atacan a webs galegas coma Cabozo dende un colectivo hacker afín a Galicia Bilingüe e mesmo que a operadora galega R busca cambiar de nome comercial.
Tampouco faltaron outras bromas que repiten case anualmente, non destacando ningunha inocentada, especialmente se o comparamos coa celebración do Primeiro de Abril, que ten unha escala máis internacional, de xeito que percíbese moito mellor na web.
Numerosas páxinas web celebran o Día dos Santos Inocentes enganando aos seus visitantes
Compartir Este Artigo
