Este Nadal nos EE.UU. a compañía especializada en tráfico en liña Hitwise rexistrou que a plataforma de redes sociais Facebook superou en tráfico a Google, xa que o servizo web da compañía fundada por Mark Zuckerberg experimentou un incremento de usuario impresionante, dobrando as visitas do ano pasado e chegando a 350 millóns de usuarios no mes de decembro.
Estariamos ante a primeira vez na que Facebook é a páxina web máis visitada dos EE.UU., e o feito de que conseguise tal durante 2 días seguidos indicaría que esta tendencia podería manterse no tempo, polo que é de agardar que nos vindeiros meses haxa unha forte guerra pola audiencia entre Facebook e Google.
Facebook superou en tráfico a Google nos EE.UU.
Compartir Este Artigo
