Os teléfonos móbiles de alta gama están a dar un salto en potencia significativo, incorporando procesadores de 1 GHz, de xeito que incluso poderían chegar a compararse con ordenadores ultraportátiles no que a capacidade de cálculo se refire, e coma exemplo podemos ver un vídeo no que amosan o funcionamento da versión 0.10 do First PlayStation Emulator for Windows CE (FPSECE) correndo o xogo Tekken 3 para a primeira PlayStation nun móbil HTC HD2, un dos modelos con Windows Mobile de referencia no que á nova xeración de terminais refírese.
Na Internet podemos atopar moitos vídeos semellantes en móbiles coma o tamén potente Toshiba TG01, e aínda que polo momento son terminais con Windows Mobile os que gozan de potentes procesadores, é de agardar que durante o primeiro semestre de 2010 apareza un amplo abano de móbiles baseados en Android que tamén teñan unha potencia semellante, o que non servirá só para aplicacións potentes como emuladores de consolas de videoxogos ou xogos en 3D, senón que tamén ampliarán as posibilidades de correr aplicacións en segundo plano.
O Tekken 3 de PlayStation funciona con fluidez nun HTC HD2
Emulan a primeira PlayStation en terminais con Windows Mobile
Compartir Este Artigo
