A horas da súa presentación oficial, cada vez son máis os detalles que temos do Nexus One, o novo teléfono de Google, que estaría fabricado por HTC e funcionaría co sistema operativo Android 2.1, destacando por un potente hardware no que o procesador Snapdragon a 1 GHz, os seus 512 MB de RAM e a súa pantalla capacitiva de 3,7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles son os seus elementos máis destacables, aínda que non falta que quedará impresionado pola súa cámara de 5 Mpíxeles con flash LED incorporado.
Desta volta é a xente de Engadget quen probou o terminal, que é algo máis delgado que un iPhone, e presenta múltiples semellanzas co Motorola Droid, aínda que lixeiramente superior. Incluso publican un vídeo no que podemos ver a fluidez do dispositivo, aínda que botan en falta detalles coma que polo momento o sistema operativo promovido por Google non está preparado para tirar proveito da pantalla multi-táctil do Nexus One, algo que podería solucionarse en breve, se atendemos ao parche que desenvolveron para o Droid que permite tal prestación que hoxe en día parece imprescindible para un terminal deste tipo (especialmente se quere converterse na grande alternativa ao móbil de Apple).

Revisión en vídeo do Nexus One publicada por Engadget
Engadget publica máis detalles do Nexus One
Compartir Este Artigo
