O panorama audiovisual continúa a mudar en España coa proximidade do apagamento analóxico, e o Grupo Intereconomía, que conta actualmente cunha popular canle da TDT, estreará o vindeiro luns Intereconomía Business, unha nova canle que na Comunidade de Madrid poderá verse a través da TDT mentres que no resto de España haberá que recorrer a operadores de cable para poder sintonizalo.
Con esta segunda canle, Interneconomía pretende dar un maior peso á información económica, de xeito que os programas Capital, Cierre de Mercados e El Balance, serán a columna que vertebrará este proxecto conducido por Luis Vicente Muñoz; mentres que a primeira canle de TDT do grupo buscará uns contidos máis xeralista, con programas coma Más Vivir (presentado por Manuel Torreiglesias), Cronica 1, Mucho que decir e a nova tertulia Dando Caña (con Javier Algarra).
O vindeiro luns estréase a canle televisiva Intereconomía Business
Compartir Este Artigo
