O Consello de Ministros aprobou hoxe o anteproxecto de reforma da Lei do Rexistro Civil, prevista no Plan de Modernización que busca facilitar ao cidadán a consulta e acceso dende calquera lugar a trámites administrativos, o que cambiará a concepción do rexistro actual, que será de persoas e non de feito, cunha base de datos común para toda España.
Deste xeito, os cidadáns teremos unha ficha única na que conste o noso historial civil, o que comezará pola inscrición do nacemento, cando asignarase ao afectado un Código Persoal de Cidadanía (CPC) que servirá para todos os trámites, substituíndose os libros físicos de rexistro por unha base de datos accesible en calquera oficina od Rexistro Civil e tamén a través da Internet.
Tamén deixarán de expedirse libros de familia, que serán substituídos por certificacións rexistrais, reducindo as cargas administrativas e reducindo a necesidade de acudir persoalmente ao rexistro, posto que as Administracións terán acceso á información rexistral e non precisarán da solicitude de certificacións.
A modernización do Rexistro Civil eliminará os libros de familia
Compartir Este Artigo
