O máximo responsable de Intel, Paul Otellini, presentou no CES de Las Vegas a versión de proba de AppUp Center, unha tenda de aplicacións para ordenadores ultraportátiles que pretende replicar para este tipo de equipos o modelo de éxito da Apple Store de Apple para o iPhone e o iPod Touch, combinando aplicacións de balde con aplicacións de pagamento, que contará coa colaboración de fabricantes coma Acer, Asus, Dell e Samsung, aínda que parece difícil que os usuarios de ordenadores persoais (aínda que sexan con pantallas de tamaño reducido) vaian cambiar o seu xeito de ver o software, de xeito que empreguen masivamente unha tenda de aplicacións cando é unha práctica á que non están afeitos.
Pantallas 3D sen lentes
Amais, dende Intel tamén presentaron unha tecnoloxía moi interesante de cara á electrónica de consumo, consistente nunha pantalla que permitía un efecto de visión 3D sen uso de lentes, o que a faría moito máis atinada para o fogar que os sistemas actuais, aínda que queda moito para que estes sistemas maduren, posto que actualmente están lonxe de acadar resolucións de alta definición e os puntos de visualización están bastante limitados.
Intel estreou unha tenda de aplicacións para ordenadores ultraportátiles
Compartir Este Artigo
