Cando o público ten a vista posta no futuro lanzamento do Firefox Mobile, a versión de escritorio do navegador web de Mozilla continúa a evolucionar, e así permiten xa descargar (tamén en galego) a primeira versión candidata do Firefox 3.6, que sorprende por acadar unha ampla compatibilidade cos engadidos actuais (máis do 75% dos milleiros que existen xa foron actualizados para ser compatibles co Firefox 3.6).
A nova versión candidata do Firefox incorpora o motor Gecko 1.9.2 e introduce novidades coma cambiar a aparencia do navegador cun único clic utilizando Personas, informa dos engadidos caducados para mantelos seguros, muda o xeito no que o software de terceiros intégrase con Firefox para incrementar a súa estabilidade, mellora o enchido automático de formularios, a reprodución de vídeo nativa funciona agora tamén a pantalla completa, soporta o formato de fontes WOFF, mellora o rendemento de JavaScript, permite a carga asíncrona de scripts (para acelerar os tempos de carga das páxinas), soporta a API de ficheiros de HTML5 e soporta as novas tecnoloxías CSS, DOM e HTML5.
Sae a versión candidata do Firefox 3.6
Compartir Este Artigo

