A aplicación SMSReader permitía aos móbiles con Android ler en voz alta as mensaxes de texto recibidas, o que resulta de interese para persoas con dificultades visuais ou para utilizar mentres imos ao volante do coche, pero agora damos conta de Voice Alerts, un programa que vai máis aló, e non só le o contido das SMS, senón que tamén avisa da recepción de chamadas (ou lembra as chamadas perdidas), pode avisar da hora actual en períodos de tempo definidos, avisa dos baixos niveis de batería, saúda ao iniciar o sistema e incluso pode avisar da correcta instalación dunha aplicación ou da conexión ou desconexión do cargador.
Esta aplicación véndese por 1,99 euros, e o seu autor promete que no futuro avisará ao detectar redes Wi-Fi abertas, lerá as mensaxes que cheguen a través de Twitter e incluso poderá listar os dispositivos Bluetooth que hai ao redor.
Voice Alerts permite falar aos móbiles con Android
Compartir Este Artigo

