Os reprodutores multimedia portátiles están dominados claramente por Apple a nivel mundial, pero a compañía da mazá non debería deixar de evolucionar, pois os seus competidores están a mellorar a moi bo ritmo, e as distintas melloras que van aplicando ao Zune HD van camiño de convertelo no mellor dispositivos deste tipo no mercado (pese a que aínda non o venden en Europa).
Nas últimas semanas estrearon unha aplicación de Twitter para este reprodutor multimedia portátil de Microsoft, pero agora sorprenden cunha nova actualización que chegará durante a primavera e que incorporará o soporte do formato de vídeo MPEG-4 part 2 Advanced Simple Profile, o que incluiría aos vídeos en XviD que circulan pola Rede.
Amais, tamén incluirán a función Smart DJ (moi semellante ás listaxes Genius dos reprodutores de Apple), que polo momento só estaba dispoñible na aplicación de escritorio de Zune, e que poderá aplicarse directamente á música almacenada no Zune HD.
O Zune HD incorporará soporte de XviD
Compartir Este Artigo
