O popular servizo web 11870.com, que ofrece información local de toda España, vén de estrear aplicación para o iPhone de Apple, sorprendendo ao presentar dúas versións: unha de balde con publicidade e outra sen anuncios que custa 1,59 euros. Resulta así curioso que, en vez de presentar de balde unha versión reducida ou de demostración da súa aplicación, a diferenza entre a versión gratuíta e a de pagamento estea só na publicidade, de aí que o usuario pode elixir se paga ou non para prescindir dos anuncios integrados.
A aplicación permite acceder a información de negocios locais dos que amosa opinións, valoracións e fotos, que completan os datos básicos (coma teléfono e ubicación), resultando especialmente interesante para os usuarios rexistrados no servizo, que poden así levar consigo a súa axenda, así coma estar ao tanto do que fan os seus contactos. Tamén facilita a publicación de opinións, valoracións e fotografías dende o propio establecemento no que esteamos.
Demostración do funcionamento da aplicación de 11870.com para o iPhone
11870.com estrea aplicación para o iPhone
Compartir Este Artigo

