
Polo momento non hai informacións confirmadas, pois coméntase que as negociacións ao respecto aínda están en curso, pese a que outras fontes chegan incluso a asegurar que as obras para o local na rúa Juan de Austria xa comezaron, e a cidade elixida para a estrea de Apple sería Valencia polo longa tradición maqueira da cidade e o apoio que ao mundo Mac da a Universidade de Valencia.
De confirmarse todo isto, poderiamos estar só ante o desembarco de Apple en España, de xeito que nos vindeiros meses/anos a compañía podería artellar toda unha rede de establecementos de seu (se atendemos aos rumores a seguinte tenda podería estar en Barcelona), o que ten certas vantaxes para os consumidores, que tradicionalmente están moi satisfeitos co soporte técnico e a información que achegan as tendas oficiais da compañía de Steve Jobs.
Apple podería abrir a súa primeira tenda español en Valencia
Compartir Este Artigo
