Nun momento no que temos a mirada posta en distintos dispositivos para a lectura de libros electrónicos baseados en tecnoloxía E Ink, Improv Electronics sorpréndenos coa súa Boogie Board, que vén a ser un encerado dixital persoal, ou sexa, unha pequena pantalla LCD reflectiva que permite a escritura na mesma mediante a presión (tanto dunha stylus coma dunha unlla) que tería unha vida duns 50.000 ciclos de borrado e practicamente non consumiría enerxía (integra unha pila de botón que non debería ter que cambiarse nunca) e está á venda nos EE.UU. por 29,97 dólares (22,07 euros) aceptándose tamén pedidos dende España.
Este dispositivo podería ter usos prácticos destinados á docencia, evitando así o uso doutras solucións baseadas en xiz ou en tinta, servindo tanto para facer contas coma para debuxar, podendo borrarse todo o contido con só premer un botón.
Podemos ver a Boogie Board coma unha solución que evita o consumo excesivo de papel, así coma un sucesor dos encerados de Velleda co que resulta imposible luxar a roupa, polo que non sería de sorprender que moitos centros educativos optasen por facerse de dispositivos deste tipo principalmente para pre escolar ou os primeiros cursos de educación primaria.
Boogie Board, un revolucionario encerado electrónico
Compartir Este Artigo

