
As primeiras canles de TVE en emitir contidos en formato panorámico están a ser Canal 24 Horas e Teledeporte, cos actos de presentación da Presidencia española da Unión Europea e dos Xogos Olímpicos de Inverno de Vancouver respectivamente.
Teledeporte emitirá todos os seus contidos en 16:9 a partires dos devanditos Xogos Olímpicos de Vancouver, mentres que o resto de canles de TVE irán mesturando programas en 4:3 e 16:9, facendo cada vez máis habitual o formato panorámico, indo incluso máis aló, e apostando tamén pola alta definición, de xeito que o vindeiro domingo emitirán El aliento escondido, reportaxe dentro do programa Crónicas que será o primeiro producido en HD por parte de TVE, mentres que unha semana despois torará o relevo En Portada, espazo no que tamén avanzarán neste ámbito.
O salto á alta definición ten que ser paulatino, pois precisa da renovación de equipamentos, precisando de moitos esforzos tanto na produción como na emisión, agardándose que tras o apagamento analóxico entre en funcionamento TVE HD, unha canle en alta definición que nalgunhas cidades leva en probas dende hai bastantes meses, e que o vindeiro abril comezará o seu espallamento pola xeografía española.
TVE realiza as súas primeiras emisións en formato panorámico
Compartir Este Artigo
