O navegador web de Google, Chrome, estrea unha nova versión estable que destaca por incorporar oficialmente o soporte de extensións e a sincronización de favoritos, características que melloran considerablemente o potencial desta aplicación que busca así captar clientes do Firefox (que optan polo navegador de Mozilla principalmente pola súa riqueza no tocante a engadidos/extensións).
Precisamente dentro destas extensións destaca a relativa a Google Voice, servizo aínda non dispoñible dende España, que permite interactuar con servizos de VoIP dende o navegador web, de xeito que podemos utilizalo para acceder últimas mensaxes na caixa de voz (e á súa transcrición a texto), establecer chamadas de voz, enviar mensaxes de texto de xeito rápido e sen custo adicional e incluso realiza chamadas telefónicas ás páxinas web compatible con Google Voice, con só premer sobre a ligazón correspondente.

A nova versión de Google Chrome permite integrar Google Voice
Compartir Este Artigo

