A aplicación de retoque fotográfico para Mac OS X, Aperture 3, estrea versión, con máis de 200 novas características entre as que destacan as seguintes: – Caras: que permite realizar una análise das persoas ás que fotografamos, identificándoas e creando unha base de datos coa que poder agrupar todas as imaxes nas que aparece unha persoa en concreto – Lugares: facendo uso do xeoposicionamento que permiten móbiles e cámaras dixitais podemos coñecer onde tomamos as imaxes, para agrupalas por localización – Pinceis: que conta con 15 pinceis distintos que permite un retoque rápido das imaxes
Aperture 3 precisa para funcionar Mac OS X 10.5.8 ou superior, procesador Intel e un Gb de memoria RAM coma mínimo, así coma 1 Gb de disco duro libre para a instalación e a documentación (7 Gb libres no caso de querer gozar da biblioteca de exemplo). Custa 199 euros na súa versión completa e 99 euros no caso de tratarse dunha actualización dende unha versión anterior.
Aperture 3 incorpora recoñecemento de caras e xeoposicionamento
Compartir Este Artigo

