A produtora galega Artefacto Producciones vén de anunciar que, co seu último proxecto, O Apóstolo, vai acudir á XV Edición do Festival de Berlín, un evento que terá lugar o vindeiro domingo, 14 de febreiro, nas instalacións do Martín Gropius Bau.
Trátase da primeira película europea de animación stop-motion en versión estereoscópica e a súa produtora reúnese estes días cos distribuidores e televisións de distintos países co obxectivo de pechar as vendas internacionais no European Film Market.
Unha rolda de prensa internacional será o marco para a presentación oficial do tráiler da longametraxe en Berlín e a premiére aquí en Galicia será o vindeiro 17 de xullo no Auditorio de Santiago de Compostela. Alí, a Real Filarmónica de Galicia interpretará en directo a banda sonora composta por Philip Glass.
O filme galego O Apóstolo viaxa ao Festival de cine de Berlín
Compartir Este Artigo

